Las venas abiertas de América latina

Hoxe algúns celebran o  Día de la Hispanidad, por iso eu, hoxe, recomendo que vos acheguedes a  Las venas abiertas de América latina de Eduardo Galeano*, unha revisión da historia de Hispanoamérica contada desde o punto de vista dos que alí vivían antes de que Cristóbal Colón os “descubrise”. Di o propio autor da obra:

Resultado de imagen de eduardo galeano“Escribí Las venas para difundir ideas ajenas y experiencias propias que quizás ayuden un poquito, en su realista medida, a despejar los interrogantes que nos persiguen desde siempre: ¿es América Latina una región del mundo condenada a la humillación y a la pobreza? ¿Condenada por quién? ¿Culpa de Dios, culpa de la naturaleza? ¿No será la desgracia un producto de la historia, hecha por los hombres y que por los hombres puede, por lo tanto, ser deshecha?”

Este libro fue escrito con la intención de divulgar ciertos hechos que la historia oficial, historia contada por los vencedores, esconde o miente. Sé que pudo resultar sacrílego que este manual de divulgación hable de economía política en el estilo de una novela de amor o de piratas.

Creo que no hay vanidad en la alegría de comprobar, al cabo del tiempo, que Las venas no ha sido un libro mudo.”

Los fabulosos Cadillacs teñen unha canción que leva o mesmo título que a obra de Galeano. Aquí queda, para a reflexión:

* Do mesmo autor podedes ler Memoria del fuego. Recolle , no libro, a mitoloxía indíxena e con ou nela a explicación do mundo dos pobos que vivían en América do Sur antes da chegada de Colón. Porque eles xa estaban alí, con unha lingua, unha cultura, un xeito de entender a vida propios e non precisamente peor que a que impuxo o colonialismo.

Unha película que incide na mesma idea é También la lluvia, de Icíar Bollaín. Velaquí o trailer da mesma. Se queredes quedamos unha tarde para vela.

Na mesma liña está escrita a novela Del amor y otros demonios, de Gabriel García Márquez (autor do que lembraredes o seu realismo máxico estudado o curso pasado) da que xa falei aquí.