Concordias de papel

Non vixíes, non controles, non humilles, non fagas dano, no tes dereito.

Non es máis home por deixarme feridas.

“Que insensatez unha muller facendo o que quere consigo mesma!”

A dor das palabras entristécenos a vida.

Non é denunciar solución cando a miña integridade é só unha ilusión.

Non intentes cambiar a miña vida.

Ah! Twiter instalei.

Vivir condicionada.

Non lle fales, pasa del.

Mirábame a través o ordenador con ese sorriso.

Outra mensaxe máis. Borrar.

Non me determina o meu xénero.

Ao outro lado do teléfono de emerxencias non só está a fin dos malos tratos, tamén a vida que deixaches de vivir.

E na pantalla apareceu.

As túas palabras máncanme.

Medo, opresión, abafo.  Aire.

Para, para, para xa. Por que o fas? Que che fixen eu? Para.

Sangue pisando a neve.

O amor gáñase con esforzo, non se impón pola forza.

Tristura, dor, soidade, amargura…

Divertíaste moito.

Por que me pasa  a min isto?

Pido que ninguén teña que temer a ter vida.

Non entendo por que quedas cos teus amigos… Non me queres. É iso?

Cheos de odio e rabia.

Palabras.

Non as empregues para mancar.

Ollos que miran, mans que atan, voces que matan.

Se ensino o meu corpo non significa que me poidas tocar.

Se non respondo ás mensaxes é que non che quero falar. Déixame.

Nin mortas nin escravas.

Creación colectiva composta polas alumnas e alumnos de Literatura Universal do IES Val do Tea, curso 2016/17 para ler no Acto contra a violencia de xénero celebrado no concello de Ponteareas

Sés, “Concordias de papel” en Co xenio destrozado

 

 

Seguimos co teatro

Aquí quedan algúns festivais de teatro aos que podedes asistir este verán:

Matarile estará en Cangas. Foi precisamente Laura Porto quen me deu a coñecer  a este grupo. Velaquí a crítica que fixo da peza O colo da xirafa.

Festival de teatro cómico e festivo de Cangas

Mostra de teatro de Ribadavia

Festival de Teatro clásico de Almagro

En Almagro representarase, entre outras,  Los villanos de Shakespeare e unha Celestina que ten moi boa traza.

Festival Internacional de teatro clásico de Mérida

E se preferides ver teatro nuha sala achegádevos á Sala Ingrávida do Porriño e gravitade moito. En Vigo podedes ir tamén á Sala  Ensalle.

“Qué extraordinario invento nos dejaron los griegos: un arte en el cual unos ciudadanos ponen en pie unas ficciones que permiten a otros reflexionar sobre sus propias vidas, sobre lo que viven o sobre lo que querrán vivir”*

Juan Mayorga

 Mayorga é unha referencia obrigada. Non se pode falar de teatro e non nomealo.

* Cita que aparece na contracuberta do libro Teatro 1989-2014 de Juan Mayorga. Está publicado por Ediciones La Uña Rota (editorial que sempre ofrece cousas interesantes)