Morte, non tan accidental, dun anarquista

Ti es un dos culpables, Darío Fo, de que me guste o teatro. Eu tiña vinte anos e unhas ganas tolas de ler, de ver (e facer) teatro e varios amigos tolos. Caeu nas noas mans a súa peza No hay ladrón que por bien no venga. Convertémola en Non hai ladrón que por ben non veña e, sen ter nin idea de teatro, pero coa inxenuidade e a forza que dá ser tan novo levámola aos escenarios improvisados dos pubs de Lugo e algúns teatros. Dende aquela gañei anos, decepcións, experiencias, sentido do ridículo e moita admiración polas túas túas comedias e a túa vida.

Resultado de imagen de darío fo

Fotografía extraída desta nova que recolle o seu pasamento

Lembro a apaixoada lectura de Muerte accidental de un anarquista que supuxo, para min, unha maneira distinta de ver o teatro. Tamén era política e espertar de conciencia.

Vós, que agora ledes Antígona, podedes continuar despois co Aquí no paga nadie,  exemplos ambas de desobediencia combativa, cada unha da súa época, necesaria tamén nesta.

Marchas, Darío Fo,  pero queda o teu sentido do humor e o teu teatro eterno, irreverente e subversivo.

Resultado de imagen de muerte accidental de un anarquista

(Imaxe traída de aquí)

Moitísimas grazas pola túa compañía e polo teu exemplo, polo que deixaches nos escenarios, por crer que a risa é unha poderosa arma contra o poder, por ser un xograr, un bufón deste século con todo o que iso supuxo e supón.

Que alá onde esteas “sigas cantando”.

Déixovos o discurso que deu cando lle concederon o premio Nobel de Literatura:

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s