Clase de tradución

O pasado xoves visitounos Gabriel Álvarez Martínez, tradutor ao galego, xunto con Mona Imai, dalgunhas obras de Haruki Murakami, autor a quen algúns xa coñecedes pola lectura do seu Tokio Blues.

Clase de traducción 002

Do que estou a falar cando falo de correr é unha delas. Na cuberta do libro (publicado por Galaxia) fálase así da obra:En 1982, tras deixar o local de jazz que rexentaba e decidir dedicarse a escribir, Haruki Murakami tamén comezou a correr.
Ao ano seguinte Murakami percorrería en solitario o traxecto que separa Atenas da vila da Maratón. Despois de participar en ducias de carreiras de longa distancia e en triatlóns, o novelista reflexiona neste libro sobre o que significa para el correr e como influíu na súa maneira de escribir. Os adestramentos diarios, a súa paixón pola música, a conciencia do paso do tempo, os lugares aos que viaxa, acompáñano nun relato no que escribir e correr se converten nun xeito de vida.

Do mesmo autor xaponés pasou ao galego Tras do solpor cuxa sinopse (elaborada tamén pola editorial Galaxia) é a que segue: En Toquio, no tempo que vai da medianoite ao mencer, inícianse e remátanse as historias desta novela. No seu centro, dúas irmás: Eri, ensumida no sono do esquecemento, e Mari, a lectora solitaria. Cabo delas, un mozo trombonista de jazz, as empregadas dun love hotel e un frío e escuro executivo. Xente da noite, vidas que conflúen, segredos descubertos e preguntas que ás veces non precisan resposta. Cada un dos capítulos de Tras do solpor posúe, concentrada, a mesma forza de atracción hipnótica que Haruki Murakami amosara anteriormente en Norwegian Wood ou Kafka on the Shore.

A coñecida 1Q84 (en clara referencia a 1984 de Orwell, novela que recomendo encarecidamente) tamén foi traducida por Gabriel ás dúas linguas:galego e castelán.

Clase de traducción 003

Outras obras de Murakami que  grazas a Gabriel nós podemos ler en castelán  son Baila, baila, baila, Los años de peregrinación del chico sin color e Hombres sin mujeres. Todas elas están publicadas pola editorial Tusquets.

Mais Gabriel non é home dun só autor. Tamén traduciu a outros autores xaponeses que non son tan mediáticos coma Murakami pero moi relevantes no panorama literario actual. Trátase de Junichiro Tanizaki (concretamente o seu Eloxio da sombra publicado por Rinoceronte editora) e o libro Recuerdos de un callejón sin salida de Banana Yoshimoto.

Gabriel tamén nos falou da súa relación co manga, da súa estadía no Xapón, de como chegou ata esta exótica lingua e de como unha lingua é camiño para entra en contacto con outra cultura, outra forma de entender o mundo. As linguas abren mundos. Grazas, Gabriel, por compartir connosco esa fermosa visión da lingua como porta.

Para rematar, aquí tedes unha entrevista ao tradutor.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s