Capitanes de abril

O día 25 de abril de 1974  caeu a ditadura salazarista que dominaba Portugal dende 1933. A fin deste réxime, coñecido coma o Estado Novo permitiu que as últimas colonias portuguesas acadaran a súa independencia tras unha longa guerra contra a metrópole e que Portugal se convertese nun estado democrático.

O día 25 de abril, ás 0:25 horas, a Rádio Renascença transmite Grândola, Vila Morena, unha canción revolucionaria de José Afonso, prohibida polo réxime:
«Grândola, vila morena / Terra da fraternidade / O povo é quem mais ordena / Dentro de ti, ó cidade / Em cada esquina um amigo / Em cada rosto igualdade»

O militar Saraiva de Carvalho foi o militar que se puxo áfronte dun movemento revolucionario que se opoñía ao réxime. Decidiu que esa canción sería o sinal  do comezo da revolución. Armaríase unha columna de militares que marcharía ata Lisboa para pedir a destitución do ditador. Outros desobedientes, coma Antígona!

Eran varios militares novos, veteranos da Guerra de Ultramar que xa non crían na guerra nin no Goberno. Que no crían nun Estado Novo que levaba xa corenta e anos de ditadura fascista.  Era un réxime  gobernado pola PIDE, a policía política. Un país gobernado polo silencio.

Cando a columna armada do capitán Fernando José Salgueiro Maia chegou a Lisboa, o golpe xa era un éxito. As guarnicións de Oporto, Faro e Braga decidiron poñerse do lado dos revolucionarios e  tomaron con inusual calma aeroportos e aeródromos, ademais das diversas instalacións do Goberno civil. O pobo aliábase  cos militares rebeldes, e os propios militares de Lisboa adheríanse  ao golpe a medida que avanzaba a madrugada.En poucas horas, columnas militares procedentes de varios lugares do país ocuparon pacíficamente os puntos estratéxicos da capital ata que se produciu a rendición do dictador Caetano sen necesidade de disparar un só tiro. Nas rúas civís e militares abrazábanse. As floristas e despois a xente que transitaba polas rúas ofrecían de forma espontánea caraveis aos soldados que estes colocaron na boca dos seus fusís; con ese xesto bautizaron a última revolución romántica de Europa. Unha das máis poéticas.

Ás 16:00 horas del día 25 de abril de 1974, tras oito horas de cerco tenso pero pacífico, o presidente Marcelo Caetano aceptaba as condicións de Maia, pero só se rendería ante un oficial de alta graduación. Fíxoo perante o xeneral Antonio de Spínola, un dos líderes del MFA,  de ideoloxía conservadora. Spínola acudiu ao Cuartel do Carmo e, ás 17:45 horas, certificou a capitulación do Goberno. Como los Capitáns de Abril non querían vinganza nin represión permitieron que, esa misma noite, Caetano e meirande parte dos ministros do réxime voaran ao exilio en Brasil. Inicíase un proceso que, non sen dificultades, concluiría coa celebración de eleccións un ano despois e coa aprobación da Constitución o 2 de abril de 1976.

A democracia chegaba a Portugal grazas a una revolución militar, na que só  houbo catro mortos . Unha revolución na que o exército deu a espalda á súa priopia condición e que sería lembrada por un símbolo da primaveira. Porque mentras no Vietnam  se lanzaban bombas os militares do exército portugués só tiñan caraveis nos seus fusís. Era a Revolução dos Cravos.

A película Capitanes de abril cóntanos como se produciu esta fermosísima revolución. Tédela na biblioteca. Así comeza:
Por outro lado, podedes ler a novela de Rosa Aneiros, Resistencia, que conta unha historia de amor no contexto da revolución.

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s