Gregor Samsa veunos ver!!!!!

Gregor Samsa veunos ver a mañá do pasado martes.

Foi posible grazas ao traballo e bo facer de Álex Sobrino, actor da compañía Xerpo que interpretou a un Gregor Samsa do século XXI.

Gregor Samsa é un programador que traballa para unha empresa que abusa dos seus servizos, é un mileurista do que depende toda a súa familia e, no seu tempo libre, traballa nun emulador do pensamento humano que, en teoría, sería capaz de reproducir o pensamento dunha persoa concreta. A falla de financiamento e a curiosidade lévano a probar nas súas carnes a técnica. Así comeza unha obra na que o “monstruoso insecto” da Metamorfose orixinal vese convertido nun insecto social, un incomprendido, un inadaptado”. Aquí podedes ler máis información da obra.

Álex Sobrino convértese, nesta peza, en actor e técnico de luces. Fai unha adaptación da obra kafkiana divertida, moi áxil e rica (luces, son, interpretación, texto… todos os elementos están aproveitados e combinados con intelixencia) sen desvirtuar a historia do Samsa de Kafka. Así, a incomprensión, a incomunicación, o absurdo do vivir, a crítica ás duras condicións laborais e á alieneación do ser humano son traídas aos século XXI. Comparten escenario a filosofía coa tecnoloxía. Seguramente Kafka, de vivir no século XXI, convertería ao seu Gregor na parte dunha máquina.

Ao rematar a función Álex contestou moi amablemente ás preguntas do público e amosoulles a algúns alumnos e alumnas os “trucos” tecnolóxicos da mesma:

Metamorfosis e Ourense 012

Metamorfosis e Ourense 014

 

 

 

 

Tócavos a vós agora atoparlle os trucos filosóficos e pensar nela, darlle voltas,interpretala. Sería interesante que comentarades as vosas interpretacións da obra que vimos facendo algún comentario da mesma.

 

Outro aplauso desde aquí, Álex. E longa vida ao teatro!

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s