Circe ou o pracer do azul

Non sei se lembrades que Marta Dacosta nos falou do libro Circe ou o pracer do azul, de Begoña Caamaño. A novela cóntanos a historia de Ulises desde o punto de vista da súa dona, Penélope, e da súa amante, Circe. É unha interesante revisión da Odisea feita a través das cartas que as mulleres se envían.

Waterhouse: Circe ofrecendo a copa a Odiseo

O libro empeza deste xeito:

Afanábase en desfacer un dos nós trenzados no tear na última xornada. Tiña présa. O malva que tinxía o ceo anunciaba o albor e o inicio dun novo día de mentiras e fuxidas. Absorta no labor de destrución do creado paradoxalmente_pensou_ no labor de creación da súa liberdade, advertou apenas as voces que chegaban desde a praia e que tiñan unha intensidade desacostumada. Serán os primeiros barcos de pescadores que regresan á terra, dixo para si, o mar debeulles ser propicio nesta madrugada e as súas familias recíbenos con alegría. O algareo foi medrando e achegándose até os muros da casa.

Por moi boa que fose a pesca, o balbordo era excesivo. tan exceesivo como incomprensíble era tamén esa proximidades á morada rexia. Só un suceso excepcional podía xustificar aquel estraño comportamento. Ulises!_pensou de sócato a raíña_ e o pensamento aferroulle o corazón. Deixou o traballo e aproximouse á xanela da estancia que miraba cara ao mar. Eran, si, os pescadores, os que avanzaban na cabeza do que semellara converterse xa nunha marcha procesional. (…)

O libro acaba de chegar á biblioteca. Merece a pena deixarse levar polas palabras de Begoña Caamaño e achegarse a Ulises desde outra perspectiva: a das dúas mulleres que formaron parte da súa vida, pero que non trascenderon tanto coma el.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s