Como escribe poesía unha sindicalista?

Onte tivemos a oportunidade de saber que escribe con paixón (tamén fala e le con paixón). E que escribe a partir da realidade, moitas veces inxusta, para denunciala e berrar (quédanos outra forma de combatir? )

Marta Dacosta e a poesía
                                                                  Marta Dacosta e a poesía

Escoitamos a unha poeta rebelde que nos falou das súas fontes de inspiración: o cotiá, as novas que aparecen nos xornais… que a mirada poética transforma para sublimalas e para evidencialas dun xeito artístico.

Resucitamos a Ofelia e a moitas outras mulleres descoñecidas que foron e son silenciadas, vimos á Nefertiti verdadeira (non á que está maquillada no Museo Exipcio de Berlín ), lembramos a Penélope (son demasiadas Penélopes xa!!), a Carrapuchiña vermella e a santa Lucía. E Lara leunos as cicatrices tamizadas pola visión (intelixente e estética) de Marta Dacosta.

Moitas grazas, acuática Marta Dacosta, por visitarnos, por lernos a túa poesía e por compartir connosco as túas musas. Tamén pola túa sensibilidade e rebeldía. Que a alguén lle interese máis o sacrificio dunha bolboreta que unha raíña de Inglaterra que despois  a loce nunha alfaia di moito dela: como ser humano e como artista.

Marta e a escritura
                                                Marta e a escritura

E tamén grazas por recomendarnos as Novas cartas portuguesas e as Meninas de María Teresa Horta.

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s